Hoxe, os alumnos de 1º de ESO varios dos seus profes presentes e futuros, puidemos aprender outro ano sobre a diversidade do río á altura de Mondariz, na praia do Vao, facendo fotografías aos macroinvertebrados, sobre todo larvas de insectos, que atopamos coa axuda dun ganapán. Estes son:
MOSCAS EFÉMERAS
- BAETIDAE:
MOSCAS EFÉMERAS
- BAETIDAE:
Os máis abondosos, de pequeno tamaño, detritívoros.
- HEPTAGENIIDAE:
Adaptados á forte corrente, pódense agarrar con firmeza ás pedras.
- LEPTOPHLEBIIDAE:
Típicos de leitos areosos. Hai algunha especie endémica.
PLECÓPTEROS, MOSCAS DAS PEDRAS OU PLECÓPTEROS
- EUHOLOGNATHA:
Son detritívoros, pero moi esixentes coas condicións do río.
TRICÓPTEROS
- Con estoxo vexetal:
LEPIDOSTOMATIDAE
- Con estoxo mineral (area):
- Con estoxo mixto (cortizas e pedriñas):
ODONATOS
- ANISOPTERA:
GOMPHIDAE, nos 1ºs estadíos larvarios, moi aumentado.
AESHNIDAE, da familia dos grandes predadores azuis ou verdosos que patrullan os ríos.
CORDULEGATERIDAE: Cordulegaster boltoni, o "monstro da última pantalla", atopado no último, que non derradeiro baño. Unha das especies máis comúns en tódolos ríos.
Cómo está o río a estas alturas do ano? Beneficiará á fauna o alto nivel das augas e as baixas temperaturas? Por que?











Sem comentários:
Enviar um comentário