Este afluente do Tea, con resoancias a xabre (do lat. sabulum), é dicir, calquera substrato areoso, nace e transcorre por zona granítica e así, transporta anbondosos produtos da súa erosión e lavado: a area e o grixo. Non parece moi aventurado* apuntar a orixe do nome como no latín sabulina, é dicir, unha entidade que nace, é propia ou está sobre a area, en feminino por referirse, quizais, á auga do río. Acértese ou non, vaia isto para recordar a litoloxía deste terreo: granítica, con solos silíceos, ácidos, algo habitual en todo o occidente galego, especialmente na parte sur. A auga corre rápida pendente abaixo atravesando as fallas que elevaron a Dorsal galega no seu extremo meridional, na cara oeste, de maior pluviosidade e activa erosión, que acelera a formación de areas e lavado das arxilas, que poden quedar depositadas máis abaixo. A falta de nutrientes na auga, o fresco nas zonas das súas nacentes e sobre todo a elevada corrente, dan augas moi cristalinas e con osíxeno.
Asemade, o patrimonio etnográfico-natural de Paraños e o río Xabriña atraeunos a un grupiño vencellado ao instituto (ANPA, nenos, profesores e amigos), que decidimos facer a primeira saída ao campo do curso o pasado sábado 4 de outubro, que puidemos coñecer mellor grazas a dous guías locais que non escatimaron en explicacións, e percorrer parte dunha ruta fluvial pola zona. Para maior detalle desta excursión, ver o blog de normalización do instituto.
Pero é misión destas páxinas dedicarnos á atenta observación da natureza para aprender dela, así que hoxe escollemos agochado lugar en busca de duendes ou mouros... Que observamos ao mirar no interior do inferno dalgúns dos muíños abandoados do río Xabriña? Un rodicio de ferro, coas súas pás ou penas, poida que auga, pedras, terra areosa, area, e escuridade... excepto algún, especialmente enxoito, que baixo certo ángulo sorpréndenos cun destello amarelo verdoso: o "ouro dos mouros".
Este ouro verdecente para os ollos dalgún cobizoso, faralle pensar que sofreu algún feitizo ao sacalo da escuridade, pois soamente atopa nas súas mans unhas minúsculas follas verdes sen brillo e manchadas de terra. Esas follas son brións ou musgos. Se aplicamos a lupa e lanterna a algún deles, mellor sen arrincalo, por ser moi delicado e estragarse pronto no aire seco, veremos que sobre un manto granulado verde-amarelo luminoso, érgense pequenas plumas (gal. antigo: pena, lat. penna) dun verde non fluorescente, pero unha imaxe vale máis que mil palabras:
A desilusión que levarían os malpocados buscadores de ouro, deulles posiblemente nome a dous pozos na recuperada aldea de Froxán, no Courel: o do Tesouro e o dos Mouros, os que tamén relocen a quen se asoma.
Outro motivo para non arrincalo é que estes bonitos musgos están ameazados. No Catálogo Galego de Especies Ameazadas atopámolo no anexo II co nº 95 dentro das especies botánicas "Vulnerables".
Polas guías de musgos sabemos que o seu fogar, o seu hábitat, son terreos con pouca luz, que non toleran o carbonato cálcico, é dicir: zonas silíceas e graníticas. Tamén sabemos que necesitan de humidade constante todo o ano, e ademais averiguamos que a primeira fase de crecemento, o protonema, ten unhas células globosas que cumpren a función de lentes reflectoras da luz (ver fig. 3), que aproveitan ao máximo a pouca luz que chega. Logo medra o gametófito sen esas células, con soamente unha capa celular e forma de pluma (de aí o epíteto pennata). Por último, algo que aínda non vimos aquí, o esporófito nun lateral da "pluma", que diseminará as esporas pola cavidade húmida, para que nazan outros protonemas e comecen o ciclo de novo.
A tan só uns pasos, a auga do Xabriña bule salvando o desnivel duns 750 m dende as súas nacentes nas ladeiras do Alto da Canda, e suaviza a súa caída abruptamente na entrada do val, a uns 600 msnm, deixando o seu réxime torrencial ata desembocar, rápido pero constante, no Tea á altura de Mondariz-Balneario. Este desnivel foi aproveitado por incontables muíños, moitos deles hoxe en ruína, coas súas levadas e represas, que alternativamente calman e aceleran o río en pozas artificiais e cachóns que osixenan a auga. Este é o hábitat ideal de multitude de invertebrados que permiten a abundancia dun pequeno predador moi especial. O escaravello dos ríos galegos e portugueses da metade norte, Ctenocarabus galicianus Gory, 1839, entrou na ciencia da man de franceses o ano indicado despois do nome, recollido en rápidos regueiros que baixaban dos montes dunha serra de localización confusa, pero que se ten localizado na Limia, en Pena Gache, Ourense. De todos xeitos, o viaxeiro entomólogo N. Deyrolle, ben o puido ter visto tamén na zona, pois sábese que recolleu outros insectos na Franqueira, na Cañiza, etc.
Este pequeno predador aliméntase das larvas de típulas, dípteros patudos e grandes, que teñen unha fase larvaria que vive nos intersticios da area e lama osixenada dos ríos. Pero a maior parte do tempo repousa baixo unha pedra a salvo dos fungos e do ataque das formigas, como pode ser un fragmento de tella ou pedra procedente dun muíño, polo que pódese dicir que os muíños ofrécenlle unha casa a esta nosa fauna singular:
* Non se localizou bibliografía que confirmase a orixe deste hidrónimo. Outra improbable posibilidade é o semellante céltico sabrinna, coa raíz sabrin-, sabro- que significaría verán, pero non hai exemplos de topónimos próximos relacionados co verán que non teñan raíz latina correspondente (estiv-).
Asemade, o patrimonio etnográfico-natural de Paraños e o río Xabriña atraeunos a un grupiño vencellado ao instituto (ANPA, nenos, profesores e amigos), que decidimos facer a primeira saída ao campo do curso o pasado sábado 4 de outubro, que puidemos coñecer mellor grazas a dous guías locais que non escatimaron en explicacións, e percorrer parte dunha ruta fluvial pola zona. Para maior detalle desta excursión, ver o blog de normalización do instituto.
| Figura 1: Rodicio enferruxado, amosando as penas e sobre as pedras cheas de terra, o "ouro dos mouros" (setembro de 2012). |
Este ouro verdecente para os ollos dalgún cobizoso, faralle pensar que sofreu algún feitizo ao sacalo da escuridade, pois soamente atopa nas súas mans unhas minúsculas follas verdes sen brillo e manchadas de terra. Esas follas son brións ou musgos. Se aplicamos a lupa e lanterna a algún deles, mellor sen arrincalo, por ser moi delicado e estragarse pronto no aire seco, veremos que sobre un manto granulado verde-amarelo luminoso, érgense pequenas plumas (gal. antigo: pena, lat. penna) dun verde non fluorescente, pero unha imaxe vale máis que mil palabras:
![]() |
| Figura 2: Fotografía macro da Schistostega pennata tomada durante a excursión dentro do inferno do muíño. Nela aprézase a forma de "penas" ou plumas dos adultos, verde non amarelado. |
Outro motivo para non arrincalo é que estes bonitos musgos están ameazados. No Catálogo Galego de Especies Ameazadas atopámolo no anexo II co nº 95 dentro das especies botánicas "Vulnerables".
Polas guías de musgos sabemos que o seu fogar, o seu hábitat, son terreos con pouca luz, que non toleran o carbonato cálcico, é dicir: zonas silíceas e graníticas. Tamén sabemos que necesitan de humidade constante todo o ano, e ademais averiguamos que a primeira fase de crecemento, o protonema, ten unhas células globosas que cumpren a función de lentes reflectoras da luz (ver fig. 3), que aproveitan ao máximo a pouca luz que chega. Logo medra o gametófito sen esas células, con soamente unha capa celular e forma de pluma (de aí o epíteto pennata). Por último, algo que aínda non vimos aquí, o esporófito nun lateral da "pluma", que diseminará as esporas pola cavidade húmida, para que nazan outros protonemas e comecen o ciclo de novo.
A tan só uns pasos, a auga do Xabriña bule salvando o desnivel duns 750 m dende as súas nacentes nas ladeiras do Alto da Canda, e suaviza a súa caída abruptamente na entrada do val, a uns 600 msnm, deixando o seu réxime torrencial ata desembocar, rápido pero constante, no Tea á altura de Mondariz-Balneario. Este desnivel foi aproveitado por incontables muíños, moitos deles hoxe en ruína, coas súas levadas e represas, que alternativamente calman e aceleran o río en pozas artificiais e cachóns que osixenan a auga. Este é o hábitat ideal de multitude de invertebrados que permiten a abundancia dun pequeno predador moi especial. O escaravello dos ríos galegos e portugueses da metade norte, Ctenocarabus galicianus Gory, 1839, entrou na ciencia da man de franceses o ano indicado despois do nome, recollido en rápidos regueiros que baixaban dos montes dunha serra de localización confusa, pero que se ten localizado na Limia, en Pena Gache, Ourense. De todos xeitos, o viaxeiro entomólogo N. Deyrolle, ben o puido ter visto tamén na zona, pois sábese que recolleu outros insectos na Franqueira, na Cañiza, etc.
![]() |
| Figura 4: O cárabo dos ríos galegos, Ctenocarabus galicianus atopado en outono de 2012 na mesma zona visitada, próxima á fonte da Fame, sobre algunhas raíces de ameneiro (Alnus glutinosa). |
![]() |
| Figura 5: O cárabo dos ríos, atopado máis arriba, baixo a tella tirada dun muíño, á saída do inferno deste. |
* Non se localizou bibliografía que confirmase a orixe deste hidrónimo. Outra improbable posibilidade é o semellante céltico sabrinna, coa raíz sabrin-, sabro- que significaría verán, pero non hai exemplos de topónimos próximos relacionados co verán que non teñan raíz latina correspondente (estiv-).




Sem comentários:
Enviar um comentário